Un saúdo a todas e todos de novo!
Somos Patricia e Ángel, e soamente queremos dicirvos que este ano volvemos a estar convosco. Tomade nota porque empezamos …
Ximnasia de mantemento.
A partires do 1 de xaneiro, todos os luns de 5 a 6 faremos ximnasia no Salón Parroquial. Voltaremos a estar con todas as que nos acompañastes o pasado ano, e con todas as persoas que se queiran incorporar este ano. Todas seredes benvidas.
Manualidades.
Tamén retomaremos as manualidades, para facer cousas tan bonitas como ou máis que as do ano pasado. ¿Lembrades a árbore, os xarróns ou o colgante? Pois vos esperamos no Salón Parroquial os mércores de 4'30 a 5'30 , pero ollo que comezamos o día 3 de febreiro.
Se estades interesados en inscribirvos nalgunha destas actividades, vinde e seredes todas/os benvidas/os.
Bicos!