Programación do curso 2009 / 2010

Un saúdo a todas e todos. Somos Patricia e Ángel, e moitos de vós xa nos coñecedes.

A partires de outubro comezaremos a realizar na nosa parroquia actividades para os maiores e non tan maiores. Tomade nota porque o noso obxectivo é que vos divirtades moito connosco.

Festa dos maiores.

O vindeiro sábado 10 de outubro ás 5 da tarde no Salón Parroquial celebraremos unha festa con música, como as de antes. Non é necesario que saibades bailar, só que teñades gañas de pasalo ben.

Ximnasia de mantemento.

A partires do 19 de outubro, todos os luns de 5 e media a 6 e media faremos un poco de ximnasia no Salón Parroquial. Que vos parece? Serán cousas moi sinxelas. Traede unha esterilla ou unha colchoneta pequena, roupa cómoda, calzado de deporte e moitas ganas. Porémonos en marcha cunha serie de exercizos moi sinxelos pero moi beneficiosos para as articulacións, ...

Manualidades.

Alá polo mes de novembro comezaremos con actividades de manualidades, para aprender a facer cousas moi bonitas co que tendes na casa. Isto serán só cinco mércores de 5 e media a 6 e media. Podemos deseñar adornos para o Nadal, compartir truquiños, falar de recetas, etc. Animádevos! Comezamos o día 4 de novembro no Salón Parroquial

Se estades interesados en inscribirvos nalgunha destas actividades, podedes facer de calquera das seguintes maneiras:

Avisar a Don Ricardo de que vos gustaría participar nunha ou varias destas actividades.
Tamén podedes chamarnos a este teléfono 667 905 330. Preguntade por Ángel ou Patricia.
E, claro está, podedes aparecer directamente na actividade. Todas e todos seredes benvidos.

Unha aperta!